Himno | Himno Nacional de la República de Colombia | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Libertad y Orden» «Freedom and Order» «Свобода и ред» «Wolność i porządek» «Liberdade e orde» «Rhyddid a Threfn» | ||||
Epónimo | Cristovo Colón | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Bogotá | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 52.321.152 (2023) (45,83 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.141.748 km² | ||||
Altitude | 223 m | ||||
Punto máis alto | Pico Cristóbal Colón (5.775 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Pacífico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1810 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república | ||||
Órgano executivo | Goberno de Colombia | ||||
• Presidente | Gustavo Petro (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Congreso da República de Colombia , | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 318.511.813.577 $ (2021) | ||||
Moeda | Peso colombiano | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .co | ||||
Prefixo telefónico | +57 | ||||
Teléfono de emerxencia | 123 | ||||
Código de país | CO | ||||
Sitio web | gov.co | ||||
Colombia, oficialmente República de Colombia,[1] é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, o Brasil ó sueste, o Perú e Ecuador ó sur,[2] e Panamá e o océano Pacífico ó oeste.[3] Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; a República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte. É unha república constitucional e unitaria que abrangue trinta e dous departamentos.
O territorio que hoxe é Colombia estivo habitado orixinariamente por pobos indíxenas como os muiscas, os quimbaya e os taironas. Os conquistadores españois chegaron en 1499 e comezaron un proceso de conquista e colonización que culminou na creación do Vicerreinado de Nova Granada, con capital en Bogotá.[4] A independencia do país produciuse en 1819, pero no ano 1830 "Gran Colombia" colapsou coa secesión de Venezuela e Ecuador. Nos actuais Colombia e Panamá xurdiu a República de Nova Granada. A nova nación experimentou co federalismo como Confederación Granadina (1858), e como Estados Unidos de Colombia (1863), antes que se declarase a República de Colombia en 1886.[5] A secesión de Panamá produciuse en 1903. Dende a década de 1960, o país sufriu un conflito armado asimétrico de baixa intesidade, que escalou na década de 1990, e que minguou dende o ano 2005.[6]
Colombia é un país etnicamente diverso e a súa poboación descende dos habitantes indíxenas, dos colonizadores españois, dos africanos levados ó país como escravos e dos inmigrantes de Europa e Oriente Medio do século XX, o cal contribuíu a unha herdanza cultural diversa.[7] Isto tamén está influído pola variada xeografía de Colombia, xa que as diferentes paisaxes do país resultaron no desenvolvemento de marcadas identidades rexionais. A meirande parte dos centros urbanos atópanse nas terras altas das montañas dos Andes, mais o territorio colombiano tamén abrangue selva amazónica, chairas tropicais e as costas Caribe e Pacífica.
Dende o punto de vista ecolóxico, Colombia está considerado un dos 17 países megadiversos, e entre eles, o máis biodiverso por quilómetro cadrado.[8][9] Colombia é unha potencia intermedia e rexional coa cuarta meirande economía de América Latina,[10] forma parte do grupo dos CIVETS como un dos mercados emerxentes e é un membro da OECD.[11] Colombia ten unha economía diversificada con estabilidade macroeconómica e perspectivas de crecemento favorables a longo prazo.[12][13]
Artigo 1º.- Colombia é un Estado social de dereito, organizado en forma de República unitaria, descentralizada, con autonomía das súas entidades territoriais, democrática, participativa e pluralista, fundada no respecto da dignidade humana, no traballo e a solidariedade das persoas que a integran e na prevalencia do interese xeral.*"Constitución de 1886" (en español). Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Arquivado dende o orixinal o 16/05/2008. Consultado o 24/05/2008.
Artigo 1.- A Nación Colombiana reconstitúese en forma de República unitaria.
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Colombia is ethnically diverse