A conquiolina,[1] ás veces denominada tamén conchina ou perlucina, é un compleo de macromoléculas orgánicas, proteínas fibrosas quitinidais e polisacáridos, que son segregadas polo manto dos moluscos.
Estes complexos asócianse con cristais de aragonita para formaren unha estrutura ríxida que permite a construción da cuncha do molusco. As moléculas que forman a conquiolina e o carbonato de calcio que formará a aragonita son segregados polo manto. É a matriz orgánica que permite aos moluscos crear a aragonita, mellor que a calcita, da mesma forma que a interacción dos cristais hidroxiapatíticos e o coláxeno nos vertebrados. Estas moléculas danlle ao nácar unha enorme resistencia á ruptura, 3 000 veces superiore á da aragonita.[2]