Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Conquista normanda de Inglaterra

Conquista normanda de Inglaterra

Tipoconquista militar Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónReino de Inglaterra Editar o valor en Wikidata
Campaña
Conquista normanda de Inglaterra Editar ]
Wikidata ]

A conquista normanda de Inglaterra foi a invasión e ocupación de Inglaterra no século XI por parte dun exército normando, bretón e francés liderado polo duque Guillerme II de Normandía, posteriormente coñecido como Guillerme o Conquistador.[1]

Lugares dos principais eventos durante a conquista normanda de Inglaterra en 1066

A reclamación do trono Inglés por parte de Guillerme derivaba da súa relación familiar co rei sen fillos Eduardo o Confesor, quen alimentou a esperanza de Guillermo a sucedelo no trono. Eduardo faleceu en xaneiro de 1066 e foi sucedido polo seu cuñado Haroldo Godwinson. O rei noruegués Haraldo Hardrada invadiu o norte de Inglaterra en setembro de 1066 e gañou na batalla de Fulford, pero Haroldo derrotouno e matouno na batalla de Stamford Bridge o 25 de setembro. Poucos días despois Guillerme desembarcou no sur de Inglaterra. Haroldo marchou cara ao sur, deixando unha parte significativa do seu exército no norte. O exército de Haroldo enfrontouse ós invasores de Guillerme o 14 de outubro na batalla de Hastings. O exército de Guillerme derrotou o de Haroldo, que pereceu na batalla. Malia que os principais rivais de Guillerme desapareceron entón, tivo que facer fronte a varias rebelións durante os seguintes anos e non conseguiu asegurar o seu trono ata despois de 1072.

  1. Bates, David (1982). Normandy Before 1066 . Londres: Longman. ISBN 978-0-582-48492-4 (en inglés)

Previous Page Next Page