Coxiella burnetii | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Fractura en seco dunha célula Vero expoñendo os contidos dun vacúolo onde crece Coxiella burnetii. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Coxiella burnetii' (Derrick 1939) Philip 1948 |
Coxiella burnetii[1] é unha especie de bacteria patóxena intracelular obrigada, que é o axente causante da febre Q[2], que afecta ao ser humano e outros animais. É a única especie do xénero Coxiella, o cal é morfoloxicamente similar a Rickettsia, pero con varias diferenzas xenéticas e fisiolóxicas. C. burnetii é unha pequena bacteria gramnegativa que é moi resistente aos estreses ambientais como as altas temperaturas, presión osmótica, e luz ultravioleta. Estas características de grande resistencia atribúense a unha forma variante de célula pequena do organismo que é parte dun ciclo de dúas fases, no que tamén hai unha forma variante de célula grande máis activa metabólica e replicativamente.[3] Coxiella pode sobrevivir aos desinfectantes normais, e é resistente a moitos outros cambios ambientais, como os que se dan dentro dos fagolisosomas.[4]