Cromistas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||
| |||||
Filos | |||||
Os cromistas ou Chromista son un supergrupo de organismos eucarióticos probablemente polifilético,[1][2] que poden ser incluídos no reino Protista ou nun reino propio. Comprenden todas as algas que presenten cloroplastos que conteñan clorofilas a e c, xunto con varias formas non pigmentadas que están estreitamente relacionadas coas anteriores. Estes plastos están rodeados por catro membranas, e crese que os adquiriron de algas vermellas.
O nome cromista fai referencia a que son organismos coloreados na súa maioría. O grupo inclúe tanto algas unicelulares coma pluricelulares. A posesión da clorofila c diferénciaas das plantas e outras algas, as cales non teñen esta clorofila. Pero tamén hai cromistas incoloros e non fotosintéticos.
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome parfrey