Cromosoma 19 humano | |
---|---|
Cromosomas do par 19 humano con bandeado G. En cada individuo un dos cromosomas deste par procede da nai e o outro do pai. | |
Cromosomas do par 19 nun cariograma humano masculino. | |
Características | |
Lonxitude (bp) | 58,617,616 bp (GRCh38)[1] |
No. de xenes | 1,357 (CCDS)[2] |
Tipo | Autosoma |
Posición do centrómero | Metacéntrico[3] (26.2 Mbp[4]) |
Lista completa de xenes | |
CCDS | Lista de xenes |
HGNC | Lista de xenes |
UniProt | Lista de xenes |
NCBI | Lista de xenes |
Visores de mapa externos | |
Ensembl | Cromosoma 19 |
Entrez | Cromosoma 19 |
NCBI | Cromosoma 19 |
UCSC | Cromosoma 19 |
Secuencias de ADN completas | |
RefSeq | NC_000019 (FASTA) |
GenBank | CM000681 (FASTA) |
O cromosoma 19 humano é un cromosoma pertencente a un dos 23 pares de cromosomas humanos. En cada célula diploide os seres humanos temos dúas copias deste cromosoma, e nas células haploides temos unha. O cromosoma 19 clasifícase como cromosoma metacéntrico tendo en conta a posición do seu centrómero. O cromosoma 19 comprende algo máis de 63 millóns de pares de bases e representa entre o 2 e o 2,5 % do total do ADN da célula.[5]
A identificación de xenes é un eido da xenética en activa investigación e hai diferentes métodos para determinar o número de xenes nun cromosoma, polo que as cifras poden variar segundo as fontes. O número estimado de xenes do cromosoma 19 probablemente está entre 1.300 e 1.700.
O cromosoma 19 é o de maior densidade de xenes do noso xenoma. Unha cuarta parte do cromosoma está ocupado por familias de xenes en tándem.[6]