Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
Concello | Madrid | ||||
Distrito | Tetuán | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 33.687 (28.225,17 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1,193509 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Cuatro Caminos é un barrio administrativo de Madrid (España) pertencente ao distrito de Tetuán e situado na zona noroeste da cidade. Recibe o nome da glorieta de Catro Camiños, importante nó de comunicacións madrileño.
Os límites do barrio son, ao sur, a rúa Raimundo Fernández Villaverde, ao norte coa rúa de San Germán, que o separa do barrio de Castillejos; ao oeste coa rúa de Bravo Murillo e ao leste co paseo da Castellana.
Ao sueste do barrio atópase unha dos centros económicos de Madrid, AZCA.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cuatro Caminos |