A Cuenca del Henares é unha das comarcas da Comunidade de Madrid segundo a Guía de Turismo Rural e Activo, editada pola Dirección Xeral de Turismo (Consellería de Cultura e Turismo) da Comunidade de Madrid. Forma parte da conca hidrográfica do Texo. Na área definida por esta conca atópanse concellos como Alcalá de Henares, Nuevo Baztán, Santorcaz e Loeches. Algúns organismos definiron esta conca como unha comarca de carácter turístico, coa maioría dos seus concellos.