Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Damnatio memoriae

Tondo coa familia de Septimio Severo no que aparecen retratados Severo, a súa dona Xulia Domna, os seus fillos Caracalla, e Xeta, cuxa face foi borrada pola súa damnatio memoriae ordenada polo seu irmán e asasino Caracalla.

Damnatio memoriae é unha locución latina que significa literalmente "condena da memoria". Era unha práctica habitual na antiga Roma, consistente, coma o seu propio nome indica, en condenar a lembranza dun inimigo do Estado trala súa morte. Cando o Senado Romano decretaba oficialmente a damnatio memoriae, procedíase a eliminar todo canto lembrase ao condenado: imaxes, monumentos, inscricións, e incluso chegábase á prohibición de usar o seu nome. Moitos emperadores víronse tamén afectados por esta práctica, como se amosa a continuación.


Previous Page Next Page