Biografía | |
---|---|
Nacemento | Pittsburgh, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | batería |
Período de actividade | 1985 - |
Xénero artístico | Rock instrumental |
Instrumento | Batería |
Selo discográfico | Touch and Go Records |
Sitio web | facebook.com… |
Damon Che Fitzgerald, nado en Pittsburgh, Pensilvania, é un batería e guitarrista de música rock estadounidense. Contribuíu ao indie rock e ao rock progresivo a través do seu traballo cos pioneiros do math rock Don Caballero dende o ano 1991. O seu estilo está fortemente influenciado polo metal, o hard rock, o punk, o jazz, e a música de fusión.
Che ten un estilo de tocar a batería flotante e extravertido á vez que contundente. En Don Caballero a súa batería toma un papel máis como instrumento principal que como só para marcar o tempo. Hai moitos casos onde as guitarras actuarían como base rítmica, mentres Che tocaba en solitario libremente sobre a música.[1]