Bailando cos lobos | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Dances with Wolves |
Director | Kevin Costner |
Produtor | Kevin Costner Jim Wilson Jake Eberts |
Guión | Michael Blake |
Intérpretes | Kevin Costner Mary McDonnell Graham Greene Rodney A. Grant |
Música | John Barry |
Fotografía | Dean Semler |
Montaxe | Neil Travis |
Estudio | Tig Productions |
Distribuidora | Orion Pictures |
Estrea | 9 de novembro de 1990 |
Duración | 180 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Aventuras, Romance |
Orzamento | $22 000 000[2] |
Recadación | $424 208 848[2] |
Na rede | |
Dances with Wolves (Bailando cos lobos) é un filme estadounidense de temática épica dirixido, producido e protagonizado por Kevin Costner, que se estreou en 1990. É unha adaptación do libro homónimo de 1988 de Michael Blake, e conta a historia dun tenente do Exército da Unión que viaxa á fronteira do oeste americano ata un posto militar abandonado, onde fai amizade coa tribo síux dos Lakota.
Costner desenvolveu o filme durante un período de 5 anos, contando cun orzamento inicial de $15 millóns. Dances with Wolves tivo elevados valores de produción[3] e gañou sete Premios Oscar, incluíndo o premio ó mellor filme, e un Globo de Ouro ó mellor filme dramático. Moitos dos diálogos están en lakota con subtítulos, traducidos por Albert White Hat, presidente do Departamento de Estudos Lakota da Universidade Sinte Gleska. Foi rodado en Dacota do Sur e Wyoming.
O filme considérase un grande influente na revitalización do xénero western no cinema de Hollywood. No 2007, Dances with Wolves foi seleccionado para a súa preservación polo National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo."[4]