Dead Kennedys | |
---|---|
Orixe | San Francisco, California, |
Período | 1978 - 1986 2001 - presente |
Xénero(s) | hardcore punk |
Selo(s) discográfico(s) | Cherry Red, Faulty Products, Alternative Tentacles, Manifesto/Decay |
Membros | Ron "Skip" Greer East Bay Ray D. H. Peligro Klaus Flouride |
Antigos membros | Jello Biafra Brandon Cruz 6025 Ted Jeff Penalty Dave Scheff Greg Reeves |
Artistas relacionados | Jello Biafra, Skrapyard, The Jungle Studs, Jello Biafra and the Guantanamo School of Medicine, Lard, False Alarm, Melvins, D.O.A., Against All Will |
Na rede | |
deadkennedys.com | |
Dead Kennedys é unha banda estadounidense de punk rock formada en San Francisco, California en 1978. O grupo foi pioneiro do movemento hardcore punk durante os anos 80 e gañou unha boa base de seguidores no underground da escena punk rock internacional.
A súa música mestura os elementos máis experimentais do punk británico dos 70 coa enerxía da escena hardcore estadounidense dos 80. As cancións de Dead Kennedys mesturan deliberadamente letras con forte sátira, sarcasmo e ironía sobre temas sociais e políticos dos 80.
A finais dos anos 80, a banda viuse envolta nun xuízo por obscenidade nos Estados Unidos debido ao libreto do seu álbum Frankenchrist (1985), que incluía a explícita pintura de H. R. Giger Penis Landscape. A banda foi acusada de distribución de material prexudicial a menores, pero o proceso rematou cun xurado indeciso.
Dead Kennedys editou cinco álbums de estudio antes da súa separación en 1986. No ano 2001 a banda reformouse sen o seu vocalista orixinal Jello Biafra, que estivo envolto en disputas legais cos outros membros polos royalties.
Dende a disolución de Dead Kennedys, Biafra continuou colaborando e gravando con outros artistas, como Mojo Nixon, Al Jourgensen of Ministry ou Melvins.