Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Delito

O delito, en sentido estrito, é definido como unha conduta ou acción típica (tipificada pola lei), antixurídica, culpábel e puníbel. Supón unha conduta infraccional do Dereito penal, é dicir, unha acción ou omisión tipificada e penada pola lei.

A palabra delito deriva do verbo latino delinquere, que significa abandonar, apartarse do bo camiño, afastarse do vieiro sinalado pola lei. A definición de delito diferiu e difire aínda hoxe entre escolas criminolóxicas. Algunha vez, especialmente na tradición iberoamericana, intentouse establecer a través do concepto de Dereito natural, creando xa que logo o delito natural. Hoxe esa acepción deixouse de lado, e acéptase máis unha redución a certos tipos de comportamento que unha sociedade, nun determinado momento, decide punir. Así se pretende liberar de paradoxos e diferenzas culturais que dificultan unha definición universal.



Previous Page Next Page






Delitu AST Дэлікт BE Деликт Bulgarian Delicte Catalan Zločin Czech Delikt Danish Delikt German Delict English Delikto EO Delito Spanish

Responsive image

Responsive image