Delta II é o nome dunha serie de foguetes espaciais dos Estados Unidos en servizo desde a década de 1980 ata o 15 de setembro de 2018, no que tivo lugar o último voo. A subfamilia Delta II está composta polos Delta das series 6000 e 7000, segundo o sistema de numeración clásico seguido pola familia de foguetes Delta.[1][2]