Desembarco de Alhucemas | |
---|---|
A praia de Morro Nuevo nos días do desembarco. | |
Tipo | desembarco militar |
Localización | Al-Hoceima |
[ Wikidata ] |
O desembarco de Alhucemas[1] foi un desembarco militar levado a cabo o 8 de setembro de 1925 na baía de Alhucemas polo exército e a Armada españolas e, en menor medida, un continxente aliado francés, que propiciou o fin da Guerra do Rif. Considérase o primeiro desembarco aeronaval da historia mundial.
A operación consistiu no desembarco dun continxente de 13.000 soldados españois[2] transportados desde Ceuta e Melilla pola Armada combinada hispano-francesa. A operación tivo como comandante en xefe ao entón "Director Militar" de España, xeneral Miguel Primo de Rivera, e como xefe executivo das forzas de desembarco nas praias da baía de Alhucemas ao xeneral Sanjurjo, a cuxas ordes estaban as columnas dos xenerais xefes das brigadas de Ceuta e Melilla, Leopoldo Saro Marín e Emilio Fernández Pérez, respectivamente. Entre os xefes participantes na acción atopábase o entón coronel Francisco Franco, quen pola súa actuación á fronte das tropas da Lexión foi ascendido a xeneral de brigada. O xeneral estadounidense Dwight Eisenhower anos despois estudou a fondo a táctica empregada polos españois en Alhucemas para trazar o plan do desembarco de Normandía.
A Radio Televisión Española realizou, cara a 1980, un valioso filme documental sobre esta importante acción bélica.