Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1637 (<1640) Helsingborg, Suecia |
Morte | 9 de maio de 1707 (69/70 anos) Lübeck, Alemaña |
Lugar de sepultura | Lübeck |
Actividade | |
Lugar de traballo | Igrexa de Santa María en Lübeck (1668–1707) |
Ocupación | organista (1668–1707), compositor, músico eclesiástico |
Período de actividade | 1680 - |
Movemento | Música barroca |
Catálogo crítico | Buxtehude-Werke-Verzeichnis (1985) |
Profesores | Johann Theile |
Alumnos | Nicolaus Bruhns e Johann Sebastian Bach |
Instrumento | Órgano |
Familia | |
Cónxuxe | Anna Margaretha Tunder (1668–) |
Pai | Hans Jensen Buxtehude |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dicionario Musical Riemann (1901–1904) |
Sitio web | dietrich-buxtehude.org |
Dietrich Buxtehude (tamén coñecido como Dieterich segundo a ortografía dinamarquesa), nado ao redor de 1637 e finado o 9 de maio de 1707, foi un compositor e organista europeo (alemán ou danés). É un dos compositores máis importantes do período barroco medio. É coñecido principalmente polas súas obras para órgano. Tamén escribiu moita música coral e para instrumentos como a viola da gamba, instrumento que el mesmo tocaba. Tivo unha influencia moi importante en Johann Sebastian Bach. Cando Bach era moi novo, camiñou máis de 350 km para escoitar a Buxtehude tocar o órgano.[1]