Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Dionisias

Dionisias é o nome dado en Grecia aos festivais en honra do deus Dioniso que incluían representacións dramáticas. En Ática celebraba dous festivais anuais con este nome, as Dionisias Rurais (ou Rústicas) no mes de Poseidón (decembro), cuxa procesión imitou memorabelmente Aristófanes n'Os acarnienses, e as Grandes Dionisias (ou Dionisias Urbanas) en Atenas no mes de Elafebolion (marzo). O sobrenome «Grandes» débese á importancia desta festa. Este último festival foi instituído, ou en todo caso engrandecido, no ano -534 polo tirano Pisístrato, que trouxo o culto a Atenas desde Eléuteras (no límite entre a Ática e Beocia ao norte de Eleusis). A imaxe do deus foi situada no antigo templo de Dioniso fronte ao recinto do teatro.

Na época das Grandes Dionisias, cando o inverno pasara, os mares facíanse navegábeis, de modo que podía haber moitos visitantes en Atenas, feito que non se producía nas Leneas, que se celebraban antes, no inverno. Durante a existencia da liga Délica, os aliados achegaban os seus tributos a Atenas para ser exhibidos na orchestra do teatro. Era tamén a ocasión en que se recibía aos embaixadores estranxeiros, e os nenos cuxos pais morreran loitando por Atenas desfilaban no teatro.


Previous Page Next Page






Dionisia AF ديونيسيا Arabic Дионисии Bulgarian Dionísies Catalan Dionýsie Czech Dionysien German Dionysia English Dionisias Spanish Dionüüsia ET Dionisiar EU

Responsive image

Responsive image