Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Dioniso

Modelo:BiografíaDioniso

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Διόνυσος Editar o valor en Wikidata
Biografía
CelebraciónRelixión da Grecia antiga e Mitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Símbolo iconográficoUva, Tirso (símbolo), touro (pt) Traducir, Leopardo e aulos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAriadna Editar o valor en Wikidata
ParellaAfrodita
Pallene
Physcoa
Carya
Alexirrhoe
Alphesiboea
Niceia
Ariadna
Althaea
Aura
Araethyrea
Chthonophyle
Coronis Editar o valor en Wikidata
FillosThoas
 () Ariadna
Deianira
 () EneuAlthaea
Priapo
 () Afrodita
Phlias
 () Chthonophyle
Ceramus
 () Ariadna
Carmanor
 () Alexirrhoe
Cárites
 () ZeusEurínome (filla de Océano)
Pasítea (mitoloxía)
 () ZeusEurínome (filla de Océano)
Narcaeus
 () Physcoa
Evmédon
 () Ariadna
Evanthes
 () Ariadna
Maron
 () Evanthes
Acis
 () PanSymaithis
Himeneo
 () Afrodita
Latramys
 () Ariadna
Telete
 () Niceia
Peparethus
 () Ariadna
Estáfilo (filho de Dionísio)
 () Ariadna
Enopião
 () Ariadna
Ftono
 () Afrodita Editar o valor en Wikidata
PaisZeus Editar o valor en Wikidata  e Sémele
Deméter Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionnaire infernal (6ª edición)
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Enciclopedia Bíblica de Archimandrita Nicéforo Editar o valor en Wikidata
Antiga estatua romana de Dioniso e Ampelos atopada en Mourazos (Verín).

Na mitoloxía clásica, Dioniso (en grego antigo Διώνυσος Diônysos ou Διόνυσος Dionysos) é "fillo de deus" ("Δίος" en grego antigo, significa "divino") e ("νυσος" en lingua tracia-frixia, significa "fillo")[1][2]. É o deus do viño e da vendima, inspirador da tolemia ritual e a éxtase, e un personaxe importante da mitoloxía grega. Aínda que as orixes xeográficas do seu culto son descoñecidas, case todas as traxedias preséntano como «estranxeiro»[3].

Foi tamén coñecido como Baco (en grego antigo Βάκχος Bakkhos)[4] e o frenesí que inducía, βακχεία bakkhéia. É o deus patrón da agricultura e o teatro. Tamén é coñecido como o 'Liberador' (Eleuterio), liberando a un do seu ser normal, mediante a tolemia, a éxtase ou o viño.[5] A misión divina de Dioniso era mesturar a música dos aulós e dar final ao coidado e á preocupación.[6] Os investigadores discutiron a relación de Dioniso co «culto das almas» e a súa capacidade para presidir a comunicación entre os vivos e os mortos.[7]

No panteón grego Dioniso foi incorporado como un fillo de Zeus e Sémele, neto de Harmonía e bisneto de Afrodita aínda que outras versións afirmaban que era fillo de Zeus e Perséfone. Descríbese como feminino ou «masculino-feminino».[8]

O nome Dionysos é de significado incerto. O seu elemento -nysos ben pode ser de orixe non grega, pero deu- foi relacionado desde antigo con Zeus (xenitivo Deus). Para os autores gregos, Nisa era unha ninfa que o criou ou a montaña onde era atendido por varias ninfas (as Nisíades), que o alimentaron e o fixeron inmortal por orde de Hermes.[9]

O séquito de Dioniso era chamado o tíaso e estaba formado principalmente por ménades ou bacantes (as súas compañeiras de orxía).

Outro mito dionisíaco aparece no credo do orfismo, onde os antigos Titáns matan o pequeno deus Dioniso, fillo de Zeus e Perséfone, logo de atraelo con brillantes xoguetes cara a unha trampa, despois é descortizado, cocido e devorado. Entón, Zeus castiga e fulmina co seu raio os Titáns (pero como o corazón de Dioniso non foi devorado, do corazón resucita o fillo de Zeus). Das cinzas dos Titáns e a terra xorden os seres humanos, que posúen un compoñente titánico e outro dionisíaco, ao nacer con algo da antiga culpa da morte do deus Dioniso, polo que deben purificarse ao evitar o derramamento de sangue de homes e animais, deste xeito, ao final da existencia, a súa alma é liberada do corpo (case tumba e cárcere), para reintegrarse ao mundo divino de onde procede.

  1. Donini, Breve storia religioni delle, Roma, 1991, p. 140
  2. Burkert, Griechische Religión der archaischen und klassischen Epoche, Stuttgart, 1977, p. 253
  3. "Dionysus". Encyclopædia Britannica. 
  4. En Grecia «tanto o devoto como o deus chámanse Baco.» (Burkert, Walter (1985). Harvard University Press, ed. Greek religion. Cambridge. pp. 162. ISBN 978-0-674-36280-2.  Sinalando, para o iniciado, a Eurípides, As Bacantes 491, e para o deus, que só é «Dioniso», Sófocles, Edipo rei 211 e Eurípides, Hipólito 560.
  5. Sutton (1992), páx. 2, menciona a Dioniso como O Libertador en relación ás Dionisias.
  6. Fox (1916), páx. 221: «A misión divina de Dioniso era mesturar a música da frauta e traer o cesamento ao coidado». Fox cita entón a Eurípides como unha fonte directa para esta afirmación:
    Santa señora dos deuses, santa que baixo a terra moves a túa á de ouro, oes isto a Penteo? Oes a súa impía blasfemia contra Bromio, o fillo de Sémelle, o demo que nas festas de fermosas coroas é o primeiro dos benaventurados? Aquel que sabe danzar en comitiva e rir coa frauta e quitar os coidados, cando do viño chega a gala no banquete dos deuses, e nas festas en que leva hedra a copa envolve en soño aos mortais.
    Eurípides, As bacantes 370-85
  7. Riu (1999), capítulo 4 (Happiness and the Dead), px. 105: «Dioniso preside sobre as comunicacións cos mortos».
  8. Otto, Walter F. (1995). Dionysus Myth and Cult. Indiana University Press. ISBN 0-253-20891-2. 
  9. Fox (1916), px. 217: «A palabra Dionysos é divisible en dúas partes, a primeira orixinalmente Διος (é dicir Ζευς), mentres a segunda é de significado descoñecido, aínda que quizais estea relacionada co nome do monte Nisa que aparece na historia de Licurgo: [...] cando Dioniso renacera da coxa de Zeus, Hermes confioulle ao coidado das ninfas do monte Nisa, quen lle alimentaron coa comida dos deuses e fixérono inmortal.»

Previous Page Next Page






Dionusos AF Dionysos ALS ዲዮኒሶስ AM Dionís AN ديونيسوس Arabic ديونيسوس ARZ ডাইঅ'নিছাছ AS Dioniso AST Dionis AZ دیونیسوس‌ AZB

Responsive image

Responsive image