O Discworld (en galego, Mundodisco) é unha creación do escritor Terry Pratchett. Trátase dun mundo consistente nun disco plano (rodeado por unha fervenza que flúe sen parar) que atravesa o espazo ao lombo de catro elefantes (Gran T'Phon, Tubul, Berilia e Jerakeen) que, á súa vez, viaxan sobre a coiraza dunha tartaruga mariña (Gran A´Tuin), a cal nada lenta e maxestosamente polo espazo. Un pequeno sol da voltas ao redor de Gran A'Tuin proporcionándolle ao Disco luz e calor. Está recollido na mitoloxía india un esquema do universo semellante[Cómpre referencia].
O sexo da tartaruga é un misterio para os habitantes do disco, e o motivo de non poucos debates e discusións entre os astrozoólogos acerca de que posición ocupará cando, na súa viaxe estelar, se atope con outra tartaruga de distinto sexo (sempre é moi importante saber se será a tartaruga de arriba ou a de abaixo durante o apareamento).
Dende que se publicou a primeira novela, The Colour of Magic, en galego A cor da maxia, en 1983, a serie expandiuse para xerar libros e mapas relacionados co Discworld, adaptacións teatrais radiofónicas, series de debuxos animados, videoxogos, relatos curtos, música e adaptacións televisivas con personaxes reais.