Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Grecia | ||||
Administracións descentralizadas | administración descentralizada do Exeo | ||||
Periferias | Exeo Meridional | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 190.071 (2001) (70,03 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.714 km² | ||||
Bañado por | Mar Exeo | ||||
Altitude | 1.216 m | ||||
Punto máis alto | Atavyros (en) (1.215 m) | ||||
Sucedido por | Calímnos (pt) , Cárpatos (pt) , Cós (pt) e Rodes (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
O Dodecaneso[1] (en lingua grega Δωδεκάνησα, que significa "doce illas") é un grupo de illas gregas na extremidade leste do mar Exeo, xunto á costa suroeste da Turquía. Teñen unha rica historia e mesmo parte das illas máis pequenas e deshabitadas ostentan varias igrexas bizantinas e castelos medievais.
A rexión administrativa do Dodecaneso consiste en 163 illas, das que 26 están permanentemente habitadas. As doce maiores, que dan ao grupo o seu nome, están resaltadas.
Estas illas forman parte da periferia da Grecia do Exeo Meridional, que ten a súa capital na illa de Siros, mais cunha dependencia en Rodas.