EMI | |
---|---|
Tipo | negocio, empresa privada, compañía discográfica, holding e selo discográfico |
Data de fundación | 31 de marzo de 1931, 1931, 29 de marzo de 1928 e 1 de xaneiro de 1973 |
Data de disolución | 2012 |
Nº de empregados | 15.000 |
Organización matriz | Universal Music Group, Sony (United Kingdom) e Warner Music Group |
Organización subsidiaria | Toshiba EMI Ltd., EMI Music Japan Inc., Poko Rekords, Chrysalis Records Ltd., Pathé Marconi EMI, EMI Records, Carl Lindström A.G. e Norske Gram |
Sede | Londres |
País | Reino Unido e Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.universalmusic.com/label/emi/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
EMI Group Ltd. (siglas de Electric and Musical Industries, tamén coñecida como EMI Records Ltd. ou simplemente EMI) foi unha compañía discográfica multinacional que incluía ao selo EMI Music, con sede en Brook Green, no distrito londiniense de Hammersmith e Fulham, e a EMI Music Publishing, con sede en Charing Cross Road, tamén na cidade de Londres. EMI Music foi un dos catro grandes selos discográficos do mundo e EMI Music Publishing foi o maior produtor musical do mundo.