Epónimo | Royal Shipyard of Guarnizo (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
Capital | El Astillero (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 18.467 (2024) (2.885,47 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 6,4 km² | ||||
Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
Altitude | 20 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Carlos Cortina | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 39610 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 39008 | ||||
Sitio web | astillero.com |
El Astillero (Real Astillero de Guarnizo), é un municipio cántabro, situado á beira das rías de Solía, e a de El Carmen e a de Astillero (Baía de Santander).
Está situado entre os termos municipais de Camargo, ao que antigamente pertenceu El Astillero, Villaescusa, Piélagos, Medio Cudeyo e Marina de Cudeyo. Situado ao pé de Pena Cabarga, atópase a 7,5 quilómetros da capital da comunidade, Santander, e está a 20 metros de altitude sobre o nivel do mar.
A confluencia das rías e a costa da baía forma unha grande extensión de zonas húmidas onde aniñan durante todo o ano diversas aves migratorias. O municipio ten unha superficie de 6,80 km².
Con 17.632 habitantes (INE, 2008), este municipio é o sexto núcleo máis poboado de Cantabria.