Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Empanadilla

Prato de empanadillas fritidas no que pode apreciarse a textura crocante da masa exterior (coa típica formación de burbullas durante a súa fritura).
Unha cornish pasty (empanadilla de Cornualla, no sur de Inglaterra)
Empanadillas fritidas prontas nunha fonte.
Tapa de empanadillas conxeladas.

A empanadilla[1] é unha empanada pequena de forma semicircular e que se prepara frixíndoa ou cocéndoa no forno.[2] É típico da cociña galega así como doutras moitas zonas do mundo, con diferentes variantes.

Adoita facerse cunha masa rechea de carne, atún ou outros ingredientes en forma de torta que posteriormente se frixir en aceite a ferver ou, como no caso da empanada, métense no forno. No resto de España a empanadilla acostuma ser só a frita, mais en Galicia é común atopalas de masa no forno (masa de pan ou de follado.) Nos bares galegas son comúns como tapas, feitas cunha masa semellante ás chulas fritidas en aceite a ferver e recheas de todo tipo de ingredientes, sendo o máis habitual a carne picada. Nos supermercados e tendas de conxelados atopamos unha versión prefabricada de empanadillas pequeniñas recheas de atún con tomate. As empanadillas fritas adoitan ter unha textura corcante que contrasta coa moleza do miolo. Acostuman servirse frías, mais hai zonas onde se serven quentes e incluso con mollos.[3]

  1. Nome galego do alimento en Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. "Definición en Portal das palabras da RAG". Consultado o 03 de outubro de 2014. 
  3. Rafael Aguirre Ruiz, Conceptos básicos sobre cocina: Principios culinarios, Editorial Limusa, 1998, ISBN 968-18-5507-8

Previous Page Next Page






Cresta (gastronomia) Catalan Empanadilla English Empanadilla Spanish Empanadilla French

Responsive image

Responsive image