Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Epiderme (plantas)

Este artigo trata sobre a epiderme dos vexetais, para a epiderme humana véxase epiderme.
Imaxe microscópica da epiderme dunha folla da dicotiledónea Arabidopsis thaliana, con células que presentan un contorno moi característico.

A epiderme vexetal é o tecido protector vivo que recobre a superficie de toda a planta antes de que iniciase o crecemento secundario. Soamente se considera que falta a epiderme na caliptra da raíz e nos meristemas apicais. Á parte da súa función protectora tamén actúa mecanicamente, contribuíndo en parte ao sostén, debido á compactabilidade das súas células. O seu precursor meristemático é a protoderme do meristema apical caulinar na plántula, e nas raíces, do meristema apical radical.[1]

É unha capa impermeable e grosa, e normalmente está formada por unha soa capa heteroxénea de células aplanadas, que ten a función de protexer as células interiores, limitar a transpiración, segregar algunhas substancias, almacenar outras, e facilitar o intercambio de gases co ambiente.

A epiderme consérvase naquelas plantas que teñen órganos unicamente con crecemento primario, en cambio nos órganos con crecemento secundario a epiderme queda destruída durante a formación da periderme.

As súas células están recubertas por unha cutícula formada por cutina, microfibrilas de polisacáridos e ceras. Esta capa restrinxe tanto a transpiración coma a entrada de dióxido de carbono, que se realiza polos estomas, que regulan esta actividade.

  1. Valla, Juan J. (2007). Botánica. Morfología de las plantas superiores. (1a ed. 20a reimp. ed.). Buenos Aires: Hemisferio sur. p. 352. ISBN 950-504-378-3. 

Previous Page Next Page