Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Escifozoos

Escifozoos
Rango fósil: Ediacárico - Holoceno

Chrysaora quinquecirrha
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Cnidaria
Clase: Scyphozoa
Goette, 1887
Orde

Os escifozoos (Scyphozoa, do grego σκύφος skyphos, 'cunca', 'copa', e ζωον zoon, animal) son unha clase do filo dos cnidarios (Cnidaria) coa fase de pólipo, sésil, moi reducida. De feito, son os cnidarios aos que máis frecuentemente se alude como medusas, xa que esta é a fase que prediomina no seu ciclo biolóxico e acostuman, ademais, a seren máis grandes que as hidromedusas, cun diámetro de entre 2 e 40 cm, aínda que en Cyanea capillata pode chegar até os 2 m[1] e ter os tentáculos de 60 a 70 m de lonxitude.[2]

As medusas son organismos transparentes e xelatinosos cuxo corpo pode estar formado até por un 95 % de auga. Case todas viven nos océanos, coñecéndose unhas 200 especies, presentes en todos os mares.

Normalmente utilízase o nome común medusa para identificalas, aínda que tamén se usa este nome vulgar para os representantes das clases dos hidrozoos (Hydrozoa) e cubozoos (Cubozoa).

  1. Barnes, R. D. (1983): Zoología de los invertebrados, 3ª edición. Méxicpo D. F.: Interamericana. ISBN 968-25-0094-X
  2. Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W. (2006) Principios integrales de zoología, 13ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.

Previous Page Next Page






Holtedier AF فنجانيات (لاسعات) Arabic فنجانيات ARZ Sifoidlər AZ Сцыфоідныя BE Същински медузи Bulgarian Escifozous Catalan Bukya CEB Medúzovci Czech Scyphozoa Danish

Responsive image

Responsive image