Escudo de Albania | |
---|---|
Detalles | |
Armiger | Albania |
Adoptado | 1992 |
Escudo | Aguia bicéfala de sabre sobre un campo de goles surmontada polo casco de Skanderbeg de ouro. |
O escudo de Albania é unha adaptación da bandeira estatal. Está baseado no selo de Gjergj Kastrioti Skanderbeg (1405-1468), heroe nacional durante a loita contra a ocupación otomá. Precisamente o emblema por riba da cabeza da aguia bicéfala é o casco de Skanderbeg, con dous cornos de cabra.