Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Escudo de Gales

Escudo de Gales
Detalles
ArmigerGales
Adoptado2008
EscudoEscudo cuartelado de ouro (o primeiro e terceiro cuartel) e goles (o segundo e cuarto cuartel), catro leóns pasantes (un en cada cuartel). No primeiro e cuarto cuartel, o león é de goles e no segundo e terceiro, de ouro, e todos eles están armados de azur.
DivisaPleidiol Wyf I'M Gwlad, (Son fiel á miña terra)

O escudo de Gales foi aprobado no mes de maio do ano 2008 para ser empregado como símbolo oficial pola Asemblea e Goberno autónomos do País de Gales.

Consiste nun escudo acuartelado de ouro (o primeiro e terceiro cuartel) e goles (o segundo e cuarto cuartel), catro leóns pasantes (un en cada cuartel). No primeiro e cuarto cuartel o león é de goles e no segundo e terceiro, de ouro, e todos eles están armados de azur.

Está todo rodeado por unha cinta de sínople (verde) bordeada de ouro e cargada co lema “PLEIDIOL WYF I'M GWLAD” (Son fiel á miña terra), escrito en letras do mesmo metal. A cinta está rodeada por unha coroa formada polos símbolos vexetais de Gales, Escocia, Irlanda do Norte e Inglaterra: o narciso, o cardo, o trevo e a rosa heráldica. Ó timbre, a Coroa de San Eduardo, que é a coroa real do Reino Unido.

Armas do Príncipe de Gales dende 1911.

Previous Page Next Page