Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Espazo de nomes

Para ler sobre o uso que se lles dá aos espazos de nomes na Wikipedia, véxase Wikipedia:Espazo de nomes.

Por regra xeral, un espazo de nomes (en inglés, namespace) é un contedor para un conxunto de identificadores (nomes). Os espazos de nomes premiten diferenciar identificadores homónimos en espazos de nomes diferentes.[1][2] Isto é, un identificador definido nun espazo de nomes queda asociado con ese espazo de nomes. Porén, o mesmo identificador pode definirse independentemente en varios espazos de nomes, é dicir, o significado asociado cun identificador definido nun espazo de nomes é independente do mesmo identificador declarado en calquera outro espazo de nomes. A miúdo, os espazos de nomes agrupan nomes segundo a súa funcionalidade. Cada sistema informático que permite a existencia de espazos de nomes especifica as regras que determinan a que espazo de nomes pertencen as ocorrencias dun identificador.

  1. "C# FAQ: What is a namespace" (en inglés). http://en.csharp-online.net/: C# Online Net. Arquivado dende o orixinal o 20-10-2013. Consultado o 23-02-2010. A namespace is nothing but a group of assemblies, classes, or types. A namespace acts as a container—like a disk folder—for classes organized into groups usually based on functionality. C# namespace syntax allows namespaces to be nested. 
  2. "namespace" (en inglés). Webopedia. Consultado o 30-03-2012. The set of names in a naming system. 

Previous Page Next Page






Espaciu de nomes AST Namespace AZ Именно пространство Bulgarian ЦӀерийн меттиг CE Jmenný prostor Czech Namensraum German Namespace English Nomspaco EO Espacio de nombres Spanish Nimeruum ET

Responsive image

Responsive image