A estreptomicina é un antibiótico da clase dos aminoglicósidos. Foi o primeiro antibiótico aminoglicósido descuberto e tamén o primeiro tratamento antibiótico utilizado para tratar a tuberculose. É un antibiótico bactericida producido pola actinobacteria Streptomyces griseus.[1] A estreptomicina non pode administrarse oralmente, senón por medio de inxeccións intramusculares regulares. Presenta efectos secundarios adversos sobre os oídos (ototoxicidade).