A eucromatina é unha forma de cromatina que só está lixeiramente empaquetada, que contén unha gran concentración de xenes, e está xeralmente (pero non sempre) en activa transcrición. Comprende a porción menos condensada da cromatina e que se tingue menos con colorantes vista ao microscopio; a outra porción, máis condensada e tinguida, denomínase heterocromatina[1]. Secuenciouse o 99 % do xenoma humano eucromático.[2]