Euphorbia | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Euphorbia cf. serrata' | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||
Euphorbia antiquorum L. | |||||||||||||||||||||
Subgenera | |||||||||||||||||||||
Chamaesyce | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
Chamaesyce |
Euphorbia é un xénero de plantas da familia euforbiáceas que abrangue 2008 especies,[1], un dos xéneros máis grandes e morfoloxicamente o máis diverso [2]. Euphorbia antiquorum é o especie tipo para o xénero Euphorbia[3]. Carl Linnaeus describiuna en 1753 en Species Plantarum. O xénero encóntrase principalmente nas rexións tropicais e subtropicais de África e América, mais tamén en zonas temperadas de todo o mundo. As especies suculentas habitan na súa maioría en África, América e Madagascar. Existe tamén un amplo rango de especies insulares: no arquipélago de Hawai onde reciben colectivamente o nome de "akoko",[4] e nas Illas Canarias onde se coñecen como "tabaibas".[5][6]
O nome botánico Euphorbia deriva de Euphorbo, o médico grego do rei Xuba II de Numidia (52–50 a.C. – 23 d.C.), que casou cunha filla de Antonio e Cleopatra.[7] El escribiu que unha Euphorbia, de forma de cacto, era un forte laxante.[7] No 12 a.C., Xuba deulle o seu nome á planta en resposta a que Augusto dedicara unha estatua a Antonio Musa, o seu médico persoal e irmán de Euhorbo.[7] Carl Linnaeus asignou o nome Euphorbia ao xénero enteiro na honra do médico.[8]