Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
O expresionismo abstracto foi un movemento artístico estadounidense que xurdiu despois da segunda guerra mundial, centrado sobre todo en Nova York.[1]
Empréganse tamén os termos Action Painting (Pintura de Acción), acuñado polo crítico Harold Rosemberg no artigo Os Pintores de acción Americanos, publicado na revista Art News en 1952, e American Type Painting (Pintura de tipo americano), utilizado por Clement Greenberg, para distinguila da pintura europea, ademais da denominación de Escola de Nova York para un grupo de pintores cuxa actividade se desenvolve nesa cidade entre 1940 e 1950. O grupo fórmano William Baziotes, Willem de Kooning, Arshile Gorky, Adolph Gottlieb, Philip Guston, Hans Hofmann, Franz Kline, Robert Motherwell, Barnett Newman, Jackson Pollock, Pousette-Dart, Ad Reinhardt, Mark Rothko e Clyfford Still. Así e todo, a crítica coincide na dificultade que supón agrupar a artistas tan diversos baixo unha mesma etiqueta, mentres que se establece como o período máis tipicamente expresionista abstracto ós anos que van entre 1942 e 1947.