Fibras de Purkinje | |
---|---|
Sistema de condución eléctrica do corazón:
| |
O complexo QRS nun electrocardiograma é o pico da gráfica | |
Gray's | pág. |
Sistema | Circulatorio |
Linfa | Plexo linfático subepicárdico |
Precursor | miocardio primario[1] |
As fibras de Purkinje son células do miocardio especiais situadas nas paredes internas dos ventrículos do corazón, xusto debaixo do endocardio. Trátase de fibras musculares do miocardio especializadas en conducir os impulsos eléctricos, que fan que o corazón se contraia de forma coordinada. As fibras de Purkinje saen do nodo auriculoventricular seguindo o feixe de His (ou feixe auriculoventricular) e penetran nos ventrículos. O feixe de His divídese case inmediatamente en rama esquerda e dereita, as cales discorren por debaixo do endocardio polo tabique que separa os dous ventrículos, chegan ao extremo inferior do tabique e soben, ramificándose pola parede dos ventrículos [2].
O nome destas fibras débese a que foron descubertas en 1839 polo anatomista checo Jan Evangelista Purkyně (pronunciado en checo "púrkiñe", /ˈpurkɪɲɛ/ (axuda · info), e tamén escrito na súa forma alemá como Johannes Evangelista Purkinje[3]). Non se deben confundir estas fibras musculares coas células de Purkinje, que son neuronas do cerebelo, tamén descubertas por este investigador.