A fibra de vidro[1] é un material fibroso que se obtén ó facer fluír vidro fundido a través dunha peza de buracos moi finos e ó solidificarse ten suficiente flexibilidade para ser usado como fibra. Pode tanto referirse á propia fibra de vidro como ao material plástico reforzado con fibra de vidro (PRFV), que é popularmente coñecido polo mesmo nome.