Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Fiji

Modelo:Xeografía políticaFiji
Republic of Fiji (en)
Matanitu Tugalala o Viti (fj)
Fidźi Ganaradźja (hif)
Viti (fj) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoMeda dau doka Editar o valor en Wikidata

Lema«Rerevaka na Kalou ka Doka na Tui»
«Fear God and honour the Queen»
«Бой се от Бога, почитай кралицата»
«Ble mae Hapusrwydd yn eich Canfod» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 18°S 178°L / -18, 178
CapitalSuva Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación926.276 (2018) Editar o valor en Wikidata (50,69 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
Lingua fidxiana
Hindi de Fidxi Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie18.274 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Tomanivi (1.324 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Pacífico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1970 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Presidente Editar o valor en WikidataWiliame Katonivere (2021–) Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataSitiveni Rabuka (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento de Fidxi , (Escano: 51) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal4.296.235.428 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaDólar fidxiano Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.fj Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+679 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxenciaEmergência 000 (pt) Traducir, 911 e 919 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Código de paísFJ Editar o valor en Wikidata

Sitio webfiji.gov.fj… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX456535

Fiji,[1] Fixi[2] ou Fidxi[3][4] (Escoitari/ˈfi/ en inglés: Fiji; en fixiano: Matanitu ko Viti; en hindustano: फ़िजी, فِجی,[5]), oficialmente a República de Fiji,[6] é un país insular en Melanesia, parte de Oceanía no sur do océano Pacífico. Atópase a uns 20000 km. ao nordés de Nova Zelandia. Fiji está formado por un arquipélago de máis de 330 illas, das cales unhas 110 están habitadas permanentemente, e máis de 500 illotes, o que supón unha superficie total duns 18.300 km². O grupo de illas máis periférico é Ono-i-Lau. Aproximadamente o 87% da poboación total de 924.610 habitantes vive nas dúas illas principais, Viti Levu e Vanua Levu. Cerca de tres cuartas partes dos Fijiáns viven nas costas de Viti Levu: ben na cidade capital de Suva ou en centros urbanos máis pequenos como Nadi, onde o turismo é a principal industria local, ou en Lautoka, onde a industria da cana de azucre é dominante. O interior de Viti Levu está pouco habitado debido ao seu terreo.[7]

A maioría das illas de Fiji formáronse pola actividade volcánica que comezou hai uns 150  millóns de anos. Algunha actividade xeotérmica aínda ocorre hoxe nas illas de Vanua Levu e Taveuni.[8] Os sistemas xeotérmicos de Viti Levu son de orixe non volcánica e teñen descargas superficiais de baixa temperatura (entre aproximadamente 35 º e 60 °C).

Os humanos viven en Fiji desde o segundo milenio antes de Cristo, primeiro os austronesios e máis tarde os melanesios, con algunhas influencias polinesias. Os europeos visitaron Fiji por primeira vez no século XVII.[9] En 1874, despois dun breve período no que Fiji era un reino independente, os británicos estableceron a colonia de Fiji. Fiji funcionou como colonia da Coroa ata 1970, cando se independizou e pasou a ser coñecida como Dominio de Fiji. En 1987, tras unha serie de golpes de estado, o goberno militar que tomara o poder declarouno república. Nun golpe de estado de 2006, o comodoro Frank Bainimarama tomou o poder. En 2009, o Tribunal Superior de Fiji determinou que o liderado militar era ilegal. Nese momento, o Presidente "Ratu" Josefa Iloilo, a quen os militares mantiveran como xefe de estado nominal, derogou formalmente a Constitución de 1997 e volveu nomear a Bainimarama como primeiro ministro. Máis tarde, en 2009, "Ratu" Epeli Nailatikau sucedeu a Iloilo como presidente.[10] O 17 de setembro de 2014, despois de anos de atrasos, tiveron lugar unhas eleccións democráticas. O partido FijiFirst de Bainimarama obtivo o 59,2% dos votos, e os observadores internacionais consideraron que as eleccións eran cribles.[11]

Fiji ten unha das economías máis desenvolvidas do Pacífico[12] polos seus abundantes recursos forestais, minerais e pesqueiros. A moeda é o dólar fixiano, sendo as principais fontes de divisas a industria turística, as remesas dos Fijiáns que traballan no estranxeiro, as exportacións de auga embotellada e a cana de azucre. O Ministerio de Goberno Local e Desenvolvemento Urbano supervisa o goberno local de Fiji, que toma a forma de concellos de cidades e vilas.[13]

  1. Real Academia Galega (2016). Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente. Portal das Palabras. Real Academia Galega. 
  2. González González, Manuel (ed.). "Fixiano". Tergal. Consultado o 25/12/2024. 
  3. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. 
  4. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2. 
  5. Deverson, Tony; Kennedy, Graeme, eds. (2005). "Fiji". The New Zealand Oxford Dictionary. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-558451-6. doi:10.1093/acref/9780195584516.001.0001. Consultado o 18 de febreiro de 2022. 
  6. En febreiro de 2011, a oficina do primeiro ministro emitiu un comunicado dicindo que o nome do estado cambiou oficialmente de República das Illas Fiji a "República de Fidxi" e que o nome escrito na constitución de 1997 era agora nulo (a constitución está suspendida desde abril de 2009). Compare: "Country is now officially called Republic of Fiji". Fijivillage.com. 3 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2016. Consultado o 22 de xuño de 2016. The country is now officially called Republic of Fiji.
    O Secretario permanente da Oficina do Primeiro Ministro, o coronel Pio Tikoduadua dixo que o nome, República das Illas Fidxi, tal e como se indica na constitución de 1997 xa non é aplicable.
     
  7. "Fiji: People". United States of America State department. 28 de xuño de 2010. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2010. 
  8. "Fiji Geography". fijidiscovery.com. 2005. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2011. Consultado o 15 de setembro de 2010. 
  9. "Fiji: History". infoplease.com. 2005. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2010. Consultado o 15 de setembro de 2010. 
  10. "Fiji's president takes over power". BBC. 10 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2009. Consultado o 15 de setembro de 2010. 
  11. Perry, Nick; Pita, Ligaiula (29 de setembro de 2014). "Int'l monitors endorse Fiji election as credible". Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2014. Consultado o 25 de setembro de 2014. 
  12. "Fiji High Commission :: About Fiji". www.fiji.org.nz. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2023. Consultado o 13 de xaneiro de 2020. 
  13. "Fiji – Our Government". fiji.gov.fj. 9 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2010. Consultado o 15 de setembro de 2010. 

Previous Page Next Page






Фиџьи AB Fiji ACE Fidji AF Fidschi ALS ፊጂ AM Fiji AMI Fichi AN Ficgīege ANG फीजी ANP فيجي Arabic

Responsive image

Responsive image