Unha fortaleza ou forte[1] é un tipo de fortificación de carácter permanente deseñada para a defensa en tempos de guerra e como base militar.[2] O termo deriva do latín fortis ("forte") igual que fortificación.[3]
A diferenza doutras fortificacións que complementan as funcións dunha construción (castelos como protección da residencia feudal, ou igrexas fortificadas per ter un lugar de abrigo da comunidade), as fortalezas teñen unha marcada función militar ó servir como base permanente dun destacamento militar.
Por outra banda, cando se fala de fortaleza, enténdese como un lugar inexpugnable e inaccesible coa tecnoloxía militar do momento. Iso fai que un campamento romano, o un castelo medieval fosen considerados fortalezas no seu tempo e perdesen esta consideración cando a tecnoloxía militar evoluciona.