«Franco» redirixe aquí. Para outras páxinas con títulos homónimos, véxase
Franco (homónimos).
Francisco Franco |
Nome orixinal | (mul) Francisco Franco Bahamonde |
---|
|
Nacemento | (es) Francisco Paulino Hermenegildo Teódulo Franco Bahamonde 4 de decembro de 1892 Ferrol, España |
---|
Morte | 20 de novembro de 1975 (82 anos) Madrid, España |
---|
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
---|
Lugar de sepultura | Grave of Francisco Franco at Mingorrubio Cemetery (en) , Cemiterio de Mingorrubio - O Pardo (2019–) |
---|
|
Xefe de Estado de España |
---|
1 de outubro de 1936 – 20 de novembro de 1975 ← Manuel Azaña – Xoán Carlos I de España → |
Xefe de Goberno de España |
---|
28 de setembro de 1936 – 9 de xuño de 1973 ← Juan Negrín – Luis Carrero Blanco → |
Comandante en xefe Bando nacional |
---|
21 de setembro de 1936 – |
Xefe do Estado Maior do Exército de Terra |
---|
19 de maio de 1935 – 23 de febreiro de 1936 ← Carlos Masquelet – José Sánchez-Ocaña Beltrán (pt) → |
Capitán Xeneral das Illas Baleares |
---|
12 de febreiro de 1933 – febreiro de 1935 ← Miguel Núñez de Prado y Susbielas – Manuel Goded → |
Director of the General Military Academy (en) Academia Xeral Militar |
---|
1927 – 1931 |
3º Comandante en xefe |
---|
8 de xuño de 1923 – 11 de febreiro de 1926 ← Rafael de Valenzuela y Urzaiz (pt) – José Millán-Astray → |
Comandante en xefe |
---|
10 de outubro de 1920 – |
National Head of the Movement (en) Falange Española Tradicionalista y de las JONS, Movimiento Nacional (pt) |
---|
|
Comandante en xefe Spanish Armed Forces (1939-1975) (en) |
---|
|
|
|
Outros nomes | Jakim Boor Jaime de Andrade |
---|
Residencia | Palacio Real de El Pardo (1939–1975) Pazo de Meirás |
---|
Relixión | Catolicismo |
---|
Educación | Academia de Infantería de Toledo (–1910) |
---|
Altura | 1,63 m |
---|
Cor dos ollos | Castaño |
---|
|
Lugar de traballo | Madrid |
---|
Ocupación | oficial, gobernador, guionista, político, cabaleiro lexionario, líder militar, actor de cinema |
---|
Período de tempo | España franquista |
---|
Período de actividade | 1907 - 1975 |
---|
Partido político | Falange Española Tradicionalista y de las JONS |
---|
|
Rama militar | Spanish Armed Forces (1939-1975) (en) |
---|
Rango militar | Xeneralísimo (1936–) |
---|
Conflito | Guerra do Rif Folga xeral revolucionaria de 1934 guerra civil española Guerra de Ifni (pt) |
---|
|
Cónxuxe | Carmen Polo (1923–1975) |
---|
Fillos | Carmen Franco Polo |
---|
Pais | Nicolás Franco Salgado-Araújo e Pilar Bahamonde |
---|
Irmáns | Pilar Franco Nicolás Franco Ramón Franco |
---|
Parentes | Ramona Polo Martínez-Valdés, irmá da esposa Ramón Serrano Suñer, concuñado Francisco Franco Salgado-Araujo, curmán paterno Francisco Franco, 11th Marquess of Villaverde, neto |
---|
|
|
Sinatura |
|
|
|
|
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Франко Франсиско) Obálky knih, Lista de Ditadores de SourceWatch |
---|
|
Francisco Franco Bahamonde, nado en Ferrol o 4 de decembro de 1892 e finado en Madrid o 20 de novembro de 1975, tamén coñecido como o Caudillo ou o Xeneralísimo, foi un militar e ditador galego, integrante do golpe de Estado de 1936 contra o goberno democrático da Segunda República, que desembocou na guerra civil española. Foi investido como xefe supremo do bando sublevado o 1 de outubro de 1936, exercendo como Xefe do Estado de España desde o remate do conflito en 1939 ata o seu falecemento en 1975, e como xefe de Goberno entre 1938 e 1973.
Foi líder do partido único Falange Española Tradicionalista y de las JONS, no que se apoiou para establecer un réxime de inspiración fascista nos seus comezos, que máis tarde derivaría nunha ditadura, coñecida como franquismo, de tipo ultraconservador, católico e anticomunista. Este cambio debeuse á derrota do fascismo na segunda guerra mundial. Aglutinou en torno ao culto á súa persoa diferentes tendencias do conservadorismo, o nacionalismo e o catolicismo opostas á esquerda política e ao desenvolvemento de formas democráticas de goberno.
Durante o seu mandato á fronte do exército e da xefatura do Estado, especialmente durante a guerra civil e os primeiros anos do réxime, tiveron lugar múltiples violacións dos dereitos humanos, segundo sinalan numerosas investigacións históricas e denuncias de particulares.[1] A cifra total de vítimas mortais durante o franquismo varía en torno a varios centenares de miles de persoas, que pereceron na súa maioría en campos de concentración, execucións extraxudiciais ou en prisión.[2][3]
- ↑ El Norte de Castilla «Garzón recibe 130.000 nombres de desaparecidos», artigo en El Norte de Castilla, 22 de setembro de 2008. Consultado o 6 de febreiro de 2012.
- ↑ Hugh Thomas (20009): La guerre d'Espagne; Robert Laffont, páx. 209 e 711.
- ↑ Gabriel Jackson (2005): La república española y la guerra civil; RBA, páx. 466.