Frankenchrist | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Dead Kennedys | ||||
Publicado | outubro de 1985 | |||
Gravación | maio - xullo de 1985 | |||
Estudio(s) | Hyde St. Studios | |||
Duración | 45:12 | |||
Xénero(s) | hardcore punk, post-punk | |||
Selo(s) | Alternative Tentacles | |||
Produtor | Jello Biafra | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Frankenchrist é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de hardcore punk Dead Kennedys, publicado en outubro de 1985 a través do selo Alternative Tentacles.[1]
O álbum é un exemplo da cara psicodélica e progresiva da personalidade musical dos Dead Kennedys. Tamén poden observarse as influencias das bandas sonoras de películas de spaghetti western e o traballo atmosférico de guitarra de East Bay Ray. Frankenchrist destaca pola súa relativa falta de material hardcore "tradicional". A meirande parte das cancións do disco son máis lentas e longas que o resto dos temas do grupo. "M.T.V. - Get off the Air" destaca pola súa aguda crítica á industria da música e "Stars and Stripes of Corruption" pola súa exexese das filosofías políticas do vocalista Jello Biafra.