![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Franz Peter Schubert ![]() 31 de xaneiro de 1797 ![]() Himmelpfortgrund (Sacro Imperio Romano Xermánico) ![]() |
Morte | 19 de novembro de 1828 ![]() Viena (Imperio Austríaco) ![]() |
Causa da morte | Febre tifoide ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio central de Viena ![]() |
Educación | Universidade de Música e Arte Dramática de Viena Akademisches Gymnasium ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Viena ![]() |
Ocupación | compositor, pianista, mestre ![]() |
Período de actividade | 1810 ![]() |
Xénero artístico | Música clásica ![]() |
Catálogo crítico | Deutsch catalogue (en) ![]() ![]() |
Profesores | Antonio Salieri ![]() |
Instrumento | Piano e violín ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor ![]() |
Pai | Franz Theodor Schubert ![]() |
Irmáns | Ferdinand Schubert Karl Schubert Maria Theresia Schubert ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Allgemeine Deutsche Biographie ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Franz Peter Schubert, nado en Viena o 31 de xaneiro de 1797 e finado na mesma cidade o 19 de novembro de 1828, foi un compositor austríaco, un dos continuadores do romanticismo musical iniciado por Beethoven. Gran compositor tanto de lieder (breves composicións para voz e piano) como de música de cámara e mesmo orquestral.
Foi un dos principais músicos austríacos de comezos do século XIX. Foi o único nado na que era capital musical de Europa nos séculos XVIII e XIX: Viena. Viviu apenas 31 anos, tempo suficiente para crear unha obra musical notable pola súa gran beleza e inspiración. O seu talento creceu á sombra de Beethoven, ó que admiraba, finando ó ano seguinte da morte do seu ídolo. A súa existencia foi opaca. Só despois de morto o seu arte comezou a ser recoñecido e a conquistar a admiración da crítica e o público.
En Viena Schubert levou unha vida bohemia rodeado de intelectuais, amante das tabernas e dos ambientes populares, afastado dos salóns e da etiqueta da nobreza. Desta contorna procede o famoso termo de schubertiadas: reunións de artistas de tódolos ámbitos que formaban un círculo brillante e animado dedicado á música e á lectura.