Fucsina | |
---|---|
Fucsina básica sólida
|
Fucsina básica en solución acuosa
|
4-[(4-Aminofenil)-(4-imino-1-ciclohexa-2,5-dienilideno)metil]anilina hidrocloruro | |
Identificadores | |
Número CAS | 632-99-5 |
ChemSpider | 10468578 |
UNII | 8UUC89LHB2 |
ChEBI | CHEBI:87665 |
ChEMBL | CHEMBL1979636 |
Número RTECS | 8053-09-6 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C20H19N3·HCl |
Masa molecular | 337,86 g/mol (hidrocloruro) |
Aspecto | Po verde escuro |
Punto de fusión | 200 °C; 392 °F; 473 K |
Solubilidade en auga | 2650 mg/L (25 °C (77 °F)) |
log P | 2.920 |
Presión de vapor | 7,49·10-10 mmHg (25 °C) |
kH | 2,28·10-15 atm⋅m3/mol (25 °C) |
Perigosidade | |
Principais perigos | Inxestión, inhalación, contacto coa pel e ollos, combustible a alta temperatura, lixeiramente explosivo preto de labaradas ou faíscas. |
NFPA 704 | |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A fucsina ou hidrocloruro de rosanilina é un colorante maxenta coa fórmula C20H19N3·HCl.[1][2] Hai outras formulacións químicas similares de produtos comercializados como fucsina, e ten ducias de sinónimos.[1]
Dá unha cor maxenta cando se disolve en auga; cando está en estado sólido forma cristais de cor verde escuro. Ademais de para tinguir produtos téxtiles, a fucsina utilízase como colorante biolóxico para tinguir bacterias e ás veces como disinfectante.[3][4] Está comprobado que a produción de fucsina pode orixinar nos traballadores o desenvolvemento de cancros de vexiga. A produción de colorantes maxenta está listada na Lista do IARC de carcinóxenos do grupo 1.[5]
A produción de maxenta é carcinóxena para os humanos (Grupo 1).