Galaaz[1] (en inglés: Galahad; en galés: Gwalchavad) é unha personaxe lendaria das historias do Ciclo Artúrico. Galaaz era un dos Cabaleiros da Táboa Redonda do Rei Artur e un dos tres que conseguiu alcanzar o Santo Graal. Era o fillo ilexítimo de Lanzarote do Lago e de Elaine de Corbenic.
Galaaz era considerado o cabaleiro máis puro e, consecuentemente o único que podía sentar na Cadeira Perigosa da Táboa Redonda, un asento que ficaba sempre baleiro, xa que só o escollido aí se podería sentar. Pola súa pureza, Galaaz está considerado unha encarnación de Xesús na forma de cabaleiro.