Co nome de ganso [1] coñécense varias aves anseriformes da familia dos anátidos, a maioría delas pertencentes ao xénero Anser, pero tamén outras parecidas integradas nos xéneros Branta (ambos os dous xéneros da subfamilia dos anserinos), e Alopochen, que pertence a outra subfamilia, a dos tadorninos.
Son máis corpulentas que os patos e máis repoludas que os cisnes.