GeneCards é unha base de datos de xenes humanos que proporciona información xenómica, proteómica, transcritómica, xenética e funcional sobre todos os xenes humanos coñecidos e preditos.[1][2][3][4] Está sendo desenvolvida e mantida polo Crown Human Genome Center no Instituto de Ciencia Weizmann. Esta base de datos ten o obxectivo de proporcionar un rápido resumo da información biomédica actualmente dispoñible sobre o xene procurado, incluíndo os xenes humanos, as proteínas codificadas e doenzas relevantes.[1][5][6] A base de datos GeneCards proporciona acceso a recursos na web libres sobre todos os máis de 7000 xenes humanos coñecidos procedentes de máis de 90 fontes de datos, como HGNC, Ensembl e NCBI. A lista central de xenes está baseada nos símbolos de xenes aprobados publicados polo HUGO Gene Nomenclature Committee (HGNC).[7][8] A information recompílase coidadosamente e selecciónase desas bases de datos polo seu motor potente e doado de usar. Se a busca non proporciona ningún resultado, esta base de datos fai varias suxestións que axudan aos usuarios a realizar a súa busca dependendo do tipo de demanda que se faga, e ofrece ligazons directas a outros motores de busca de bases de datos.[1] Co tempo, a base de datos GeneCards desenvolveu un conxunto de ferramentas (GeneDecks, GeneLoc, GeneALaCart) que ten capacidades máis especializadas. Desde 1998, GeneCards foi amplamente utilizada pola comunidade bioinformática, xenómica e médica desde hai máis de 15 anos.[7][8]
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid22155609
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid20689021