Xanzás (xénero Gentiana) | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() (Gentiana verna) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
Véxase no texto |
As xanzás son plantas pertencentes ao xénero Gentiana, integrado na familia Gentianaceae. É un xénero grande con arredor de 400 especies.
É un xénero cosmopolita que se distribúe polas rexións temperadas de Asia, Europa e América. Atópanse tamén algunhas especies en África, Australia e Nova Zelandia. En Galiza aparecen distintas variedades da especie Gentiana lutea (xanzá amarela), con flores que van dende cores amarelas até arroibadas.