![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xullo de 1941 ![]() Kannapolis, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Educación | The Hill School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Música ![]() |
Ocupación | cantante, guitarrista, líder de banda, artista discográfico, compositor, produtor musical, director de orquestra, cantautor, músico ![]() |
Período de actividade | 1955 ![]() |
Xénero artístico | Funk ![]() |
Instrumento | Teclado electrónico e voz ![]() |
Selo discográfico | Capitol Records 550 Music ![]() |
Familia | |
Irmáns | Jimmy G. ![]() |
Premios | |
| |
Sitio web | georgeclinton.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
George Edward Clinton,[1] nado o 22 de xullo de 1941, é un músico, cantante e produtor musical estadounidense.[2] O seu colectivo Parliament-Funkadelic (que gravou principalmente baixo os nomes de Parliament e Funkadelic) desenvolveu unha influínte e ecléctica forma de música funk nos anos 70 inspirada na ciencia ficción, na moda extravagante, na psicodelia e no humor surrealista.[3] Clinton iniciou unha carreira en solitario co álbum de 1982 Computer Games e continuaría influíndo no hip hop e o G-funk da década dos 90.[4]
Clinton é considerado, xunto con James Brown e Sly Stone, como un dos principais innovadores da música funk. Foi incluído no Rock and Roll Hall of Fame en 1997, xunto con 15 outros membros de Parliament-Funkadelic.[5] En 2019, el e Parliament-Funkadelic recibiron o Grammy á carreira artística.[6]