Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Gregory House

Gregory House

Hugh Laurie, intérprete de Gregory House.
Información
Alcume Greg
Raza Branco
Sexo Masculino
Nacemento 15 de maio / 11 de xuño de 1959[1][2]
Título Doutor en medicina; especialista en nefroloxía e doenzas infecciosas
Familia Blythe House (nai)
John House (pai)
Cónxuxe Dominika Petrova
Fillos Non ten
Residencia Princeton, Nova Jersey
Nacionalidade Estadounidense
Hugh Laurie en 2009.

Gregory House é o personaxe protagonista da serie House (2004-2012), interpretado polo actor británico Hugh Laurie. Médico de profesión, especializado en doenzas infecciosas e nefroloxía, o personaxe lidera un equipo de diagnóstico no ficticio Hospital Universitario Princeton-Plainsboro e é descrito como amargado, sarcástico, cínico, maníaco nalgunhas ocasións, misántropo, narcisista e rabudo.

Os métodos pouco ortodoxos que House utiliza para diagnosticar, as terapias alternativas e a racionalidade incondicional dan como resultado varios conflitos cos seus colegas de profesión.[3] House a miúdo é retratado como unha persoa carente de simpatía e compaixón cara aos seus pacientes, unha práctica que lle permite resolver os enigmas patolóxicos. O personaxe está inspirado en Sherlock Holmes.[4][5]​ Un exemplo diso é que aínda que o detective era adicto á cocaína, o médico é adicto á vicodina para controlar a dor da súa perna, derivado dun infarto nun músculo.

Tom Shales, do The Washington Post, dixo que é «o personaxe máis impactante que fose un éxito televisivo en anos» e en 2008 foi votado como o segundo doutor máis sexy de todos os tempos, por detrás do doutor Doug Ross (George Clooney) da serie ER.[6] Hugh Laurie gañou varios premios pola súa interpretación, incluídos dous Globos de ouro ao mellor actor en series dramáticas, e estivo nomeado aos Emmy en 2005, 2007, 2008, 2009 e 2010. TV Overmind nomeou o personaxe como o «mellor personaxe de televisión da última década»​ e dentro da lista dos 100 mellores personaxes, TV Guide considérao o mellor de todos os tempos.

  1. No episodio 22 da tempada 7, un frasco de medicinas amosa que a súa data de nacemento foi o 15/05/1959.
  2. "No Reason". Internet Movie Database. Consultado o 9 de xaneiro de 2009.  Segundo o seu número de seguridade social (295-13-7865) do brazalete de identificación do hospital. O nome completo de House lístase na táboa cando xace na cama no hospital. O brazalete tamén amosa que a súa data de nacemento foi o 11/06/1959.
  3. Kristine, Diane (23 de abril de 2005). "Ending Season Three With a Bang? An Interview with House Writer Lawrence Kaplow". Blog Critics. Arquivado dende o orixinal o 4 de febreiro de 2009. Consultado o 9 de xaneiro de 2009. 
  4. O'Hare, Kate (5 de xaneiro de 2005). "Building 'House' Is Hard Work". Zap2It. Arquivado dende o orixinal o 5 de maio de 2007. Consultado o 9 de xaneiro de 2009. 
  5. "House and Holmes parallels - Radio Times, xaneiro de 2006" (Radio Times ed.). Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2010. Consultado o 16 de decembro de 2021. 
  6. Diaz, Glen L. (11 de agosto de 2008). "Move over Clooney, 'House' is Here". BuddyTV. Arquivado dende o orixinal o 3 de maio de 2014. Consultado o 23 de maio de 2017. 

Previous Page Next Page