Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Guerra de Inverno

Guerra de Inverno
Segunda guerra mundial
Patrulla de esquiadores fineses o 12 de xaneiro de 1940.
Tipoguerra Editar o valor en Wikidata
Data
30 de novembro de 1939 Editar o valor en Wikidata 
╴13 de marzo de 1940 Editar o valor en Wikidata
CausaIncidente de Mainila
ResultadoTratado de paz de Moscova
(paz interina)
TerritorioCesión das illas do golfo de Finlandia, o istmo de Carelia, Carelia do Lagoda, Salla, e a península de Rybachy, e o arrendamento de Hanko á Unión Soviética.
LocalizaciónFinlandia Editar o valor en Wikidata
Belixerantes
Finlandia Finlandia Unión Soviética Unión Soviética
Líderes
Finlandia Kyösti Kallio
Finlandia Risto Ryti
Finlandia Carl Gustaf Emil Mannerheim
Unión Soviética Iosif Stalin
Unión Soviética Kirill Meretskov
Unión Soviética Kliment Voroshilov
Unión Soviética Semyon Timoshenko[a]
Forzas
300 000 - 340 000 soldados[b]

32 tanques[c]

114 avións[d]
425 000 - 760 000 soldados[e]

2 514 - 6 541 tanques[f]

3 880 avións[14]
Composto por
battles at the Karelian Isthmus during the Winter War (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Campaña
Segunda guerra mundial Editar ]
Wikidata ]

A guerra de Inverno[g] foi un conflito militar entre a Unión Soviética e Finlandia. Comezou cunha ofensiva soviética o día 30 de novembro de 1939 (dous meses despois do inicio da Segunda guerra mundial e da invasión soviética de Polonia), e rematou o 13 de marzo de 1940 co Tratado de paz de Moscova. A Sociedade de Nacións considerou o ataque ilegal e expulsou a Unión Soviética da Sociedade o 14 de decembro de 1939.

Os soviéticos tiñan tres veces máis soldados que os fineses, trinta veces máis avións, e cen veces máis tanques. O Exército Vermello, porén, fora paralizado pola Gran Purga de Iosif Stalin de 1937, reducindo a moral e a eficacia do exército pouco tempo antes do inicio da guerra. Con máis de 30.000 dos seus oficiais executados ou presos, incluídos moitos altos mandos, o Exército Vermello en 1939 tiña moitos oficiais de nivel medio e alto inexpertos. Debido a estes factores, e a alta moral das forzas finesas, Finlandia foi capaz de resistir a invasión soviética moito máis tempo do que os soviéticos agardaban.[18]

As hostilidades remataron o 13 de marzo de 1940 coa sinatura do Tratado de paz de Moscova. Finlandia cedeu o 11% dos seus territorios previos á guerra e o 30% dos seus activos económicos á Unión Soviética. As perdas no Exército Vermello foron moi altas, e a reputación internacional do país sufriu. As forzas soviéticas non cumpriron o seu obxectivo de conquistar completamente Finlandia, pero gañaron terreo substancial ao longo do lago Ladoga e territorio no norte do país.[19] Os fineses, porén, conservaron a súa soberanía e melloraron a súa reputación internacional.

O tratado de paz frustrou o plan franco-británico de enviar tropas a Finlandia polo norte de Escandinavia. Un dos obxectivos principais desa operación era o de tomar o control das minas de ferro do norte de Suecia e cortar a súa subministración a Alemaña.

  1. Edwards 2006, p. 93.
  2. Edwards 2006, p. 125.
  3. Manninen 2008, p. 14.
  4. Trotter 2002, p. 204.
  5. Palokangas 1999, pp. 299–300.
  6. Juutilainen & Koskimaa 2005, p. 83.
  7. Palokangas 1999, p. 318.
  8. Peltonen (1999)
  9. Meltiukhov 2000, p. ch. 4, Table 10.
  10. Krivosheyev 1997, p. 63.
  11. Kilin 1999, p. 383.
  12. Manninen 1994, p. 43.
  13. Kantakoski 199, p. 260.
  14. Trotter 2002, p. 187.
  15. Baryshnikov (2005)
  16. Kovalyov (2006)
  17. Shirokorad (2001)
  18. Ries 1988, pp. 79–80.
  19. VanDyke 1997, p. 44.


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/> correspondente


Previous Page Next Page