Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Guerra do Golfo

Guerra do Golfo

Tipoguerra Editar o valor en Wikidata
Data
2 de agosto de 1990 Editar o valor en Wikidata 
╴28 de febreiro de 1991 Editar o valor en Wikidata
ResultadoVitoria da Coalición, liberando Kuwait. Invasión de Kuwait por parte de Iraq.
LocalizaciónGolfo Pérsico
Belixerantes
Coalición das Nacións Unidas Iraq
Baixas
378 mortos 25.000 - 30.000 mortos
Feridos
1.000 feridos 75.000 feridos
Composto por
Operation Desert Shield (en) Traducir e Operation Desert Storm (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A chamada guerra do Golfo Pérsico ou simplemente guerra do Golfo foi a guerra que de 1990 a 1991 enfrontou a Iraq e a unha coalición internacional, composta por 34 estados e liderada polos Estados Unidos de América, como resposta á invasión e anexión de Iraq do emirato de Kuwait. Tamén é coñecida como Operación Treboada do deserto, nome da campaña liderada polos Estados Unidos para liberar Kuwait. En Iraq, a guerra é con frecuencia chamada simplemente Um M'aārak ("A nai de tódalas batallas").

En xullo de 1990, Saddam Hussein, presidente do Iraq, acusou a Kuwait de causar a caída dos prezos do petróleo e retomou antigas cuestíons de límites, alén de esixir indemnizacións. Como Kuwait non cedeu, o 2 de agosto de 1990, tropas iraquís invadiron Kuwait, coa esixencia do presidente Saddam Hussein de controlar os seus vastos e valiosos campos de petróleo. Este acontecemento provocou a inmediata sanción económica por parte das Nacións Unidas. As hostilidades comezaron en xaneiro de 1991, dando como resultado unha crucial vitoria para as forzas da coalición, o cal conduciu a que as tropas iraquís abandonaran Kuwait deixando un saldo moi alto de vítimas humanas. As principais batallas foron combates aéreos e terrestres dentro de Iraq, Kuwait, e a fronteira de Arabia Saudita. A guerra non se expandiu fóra da zona de Iraq-Kuwait-Arabia, aínda que algúns mísiles iraquís chegaron a cidades israelís. As causas da guerra, e incluso o seu nome, son aínda temas de controversia.


Previous Page Next Page