Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A expresión guerra dos Cen Anos (en francés: guerre de Cent Ans, en inglés: Hundred Years' War) identifica unha serie de conflitos armados, rexistrados de forma intermitente, durante os séculos XIV e XV, que durou en realidade 116 anos (mércores[5] 1 de xaneiro de 1337 - mércores[6] 17 de outubro de 1453)[7][8][9][10] entre as dinastías dos Plantagenet e os Valois arrastrando con elas os reinos de Francia e Inglaterra. Esta guerra foi de raíz feudal, pois o seu propósito non era outro que resolver quen controlaría as enormes posesións dos monarcas ingleses en territorios franceses, desde 1154, debido ao ascenso de Henrique II Plantagenet, conde de Anjou, ao trono inglés. Tivo implicacións internacionais e finalmente, logo de numerosos avatares, saldouse coa retirada inglesa de terras francesas.[11]
A longa duración dese conflito explícase polo grande poderío dos ingleses dun lado e a obstinada resistencia francesa do outro. Foi a primeira gran guerra europea que provocou profundas transformacións na vida económica, social e política da Europa Occidental. Francia foi apoiada por Escocia, Bohemia, a Coroa de Castela e o Papado de Avignon. Inglaterra tivo por aliados aos flamengos, alemáns e portugueses. A cuestión dinástica que desencadeou a chamada guerra dos Cen Anos superou o carácter feudal das rivalidades político-militares da Idade Media e marcou o peor dos futuros enfrontamentos entre as grandes monarquías europeas.[12]