Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Guerras de independencia de Escocia

Guerras de independencia de Escocia

Tipo guerra de liberación nacional Editar o valor en Wikidata
Data 1296 Editar o valor en Wikidata –  1357 Editar o valor en Wikidata
Localización Escocia Editar o valor en Wikidata
Primeira Guerra de Independencia de Escocia e Segunda Guerra de Independencia de Escocia Editar o valor en Wikidata

As Guerras de independencia de Escocia foron un conxunto de diversas campañas militares que enfrontaron ó Reino de Escocia co Reino de Inglaterra entre finais do século XIII e xa avanzada a segunda metade do século XIV. Ó longo de dito período e das campañas e batallas seguintes, o obxectivo de Inglaterra era a ocupación e anexión do territorio escocés, mentres que Escocia pretendía manter a súa propia independencia fronte ós ingleses.

A Primeira Guerra de Independencia de Escocia (1296-1328) iniciouse cunha invasión inglesa de Escocia, finalizando mediante a firma do Tratado de Edimburgo-Northampton en 1328. A Segunda Guerra de Independencia de Escocia (1332-1357) produciuse con motivo da invasión de Eduardo Balliol, apoiado polos ingleses, en 1332, finalizando á súa vez en 1357 coa firma do Tratado de Berwick.

O período e tódolos conflitos no seu conxunto supuxeron para Escocia unha enorme crise de tipo nacional, sendo unha época decisiva para a posterior historia do país. Unha vez finalizadas ambas guerras, Escocia logrou manter a súa condición de nación libre e independente, o que fora o seu obxectivo durante todo o conflito.

Hai que destacar que estas guerras tamén teñen importancia por motivos alleos á política, relacionados coa historia da tecnoloxía militar, xa que foi durante as mesmas cando fixo a súa aparición o arco longo inglés, que foi un elemento clave do armamento medieval.


Previous Page Next Page